Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela estará (ou non) no Parlamento galego

RR_Noticias

O vindeiro 5 de abril os galegos están chamados ás urnas e, entre as listas que se presentan, hai tamén candidatos de Redondela, malia que non todos coas mesmas posibilidades de saíren electos. De feito, é unha incógnita aventurar se haberá algún ou algunha redondelá nese hemiciclo vistos os postos nos que se sitúan os candidatos do noso concello. Alberto Pazos (PP), Olga Rodríguez Puga (PSOE) e Jessica García (BNG) forman parte desas candidaturas que se presentan ás eleccións por Pontevedra.

Os mellores posicionados son o popular Alberto Pazos e a socialista Olga Rodríguez Puga, malia que ningún dos dous ten garantido o escano. Pazos Couñago vai no posto número 11 por Pontevedra na lista que lidera o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Hai catro anos os populares lograran precisamente once representantes na nosa provincia, malia que todo apunta a que nestes comicios os resultados non lles serán tan favorables.
Pola súa banda Rodríguez Puga ocupa o posto número 8 na candidatura do PSdeG que encabeza o candidato á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero. Poucas opcións se tomamos de referencia as eleccións de hai catro anos cando os socialistas lograran tan só 4 representantes.
Máis lonxe aínda estaría Jessica García, concelleira en Redondela que ocupa o posto número 15 na lista que os nacionalistas presentan a estes comicios e que encabeza na nosa provincia o deputado Luis Bará. Neste caso, si podería converterse en deputado o voceiro do Bloque en Soutomaior, Manu Lourenzo, quen ocupa o posto número 4. Malia que hai catro anos os nacionalistas só obtiveran dous representantes por Pontevedra, as enquisas apuntan a un incremento notable no número de votos a esta formación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará