Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non falla ante o Vilalbés

RR_Noticias

Dous goles de Félix serviron para darlle a volta ao marcador, no que se adiantou o equipo visitante. Tamén colleitaron vitorias no fútbol local o Arcade, o Chapela e o Arcadia feminino. No fútbol sala pleno de Redondela, Campito e Arealonga. En balonmán gañaron os equipos masculinos de Chapela e SAR. No remo, o C.R.Chapela impúxose na III Bandeira Confraría de Pescadores de Vilaxoán.

Terceira División
C.D. Choco -Vilalbés
O CD Choco recibía ao RC Villalbés nun partido que se presentaba “moi importante” para os intereses choqueiros, tal e como adiantaba Gonzalo, técnico do equipo redondelán, para conseguir a permanencia de maneira matemática. Logo do tanteo inicial, sen chegadas claras por parte de ningún dos dous bloques, o equipo visitante facíase co dominio do partido con varias chegadas á área de Cortegoso. Nunha delas Make rematou só na área un balón que entraría na portería choqueira, adiantándose así o conxunto do RC Villlalbés no minuto 19. A reacción por parte do bloque redondelán chegou de inmediato. Insitía o equipo local na área visitante. Edu Otero confirmaba o cambio no conxunto de Gonzalo Fernández con dous bos disparos despexados a córner por Javi Rumbo. Entre ambos os intentos, Félix conseguía o empate ao rematar chegando desde atrás un centro de Yerai desde a dereita tras unha boa acción colectiva do conxunto redondelano. O Villalbés amagou con facerse co control do encontro no comezo da segunda metade pero o Choco tardou apenas cinco minutos en volverse a facer coa pelota e o dominio. Ademais, nunha acción parecida á que supuxo o 1-1, Félix puña por diante aos redondelanos, esta vez cun certeiro cabezazo a un centro de Mario tamén desde banda dereita. A resposta do Villalbés chegou nun lanzamento de Cuadrado que marchou alto. Os visitantes buscaban polo menos o empate na recta final pero Mario evitou calquera posibilidade cun gran lanzamento de falta desde o bordo da área que supuxo o 3-1. A vitoria permite aos redondeláns sumar tres importantes puntos para ocupar a quinta praza e manter vivas as súas opcións de pelexar polos postos de play off de ascenso. Na próxima xornada visitan o campo do Arzúa, 6º clasificado.
Primeira Galega

Arcade 2-0 A Guía
Nun duelo directo por escapar dos posibles arrastres por descensos de Preferente, o Arcade aproveitou dous goles na primeira parte para gañar a un conxunto vigués que se está a amosar irregular nesta segunda volta. Na próxima xornada visitan o campo do Atl. Cuntis.
Segunda Galega

Cesantes 4-5 Mosteiro
O Cesantes segue como pechacancelas logo dunha derrota axustada ante o Mosteiro nun encontro intenso con moitos goles. O domingo xogan no campo do S.Martín.
Atl Vilar 0-0 Matamá
Os de Vilar sumaron 1 punto nun partido sen goles ante o Matamá. Na próxima xornada visitan o campo do Xinzo.
Terceira Galicia

Vincios 0-3 Chapela
Un penalti ao final da primeira parte permitiu ao Chapela encarrilar unha vitoria que pechou ao comezo da segunda metade. Na próxima xornada reciben no campo de Parada ao Apóstol.
Nespereira 1-1 Independiente
Reparto de puntos para o Nespereira, que segue na parte baixa da táboa. O domingo xogan en Vigo ante o Balaídos.
Futbol Feminino 1ª Liga Galega

Arcadia 4-0 Valadares
Contundente vitoria das de Soutomaior. Mantense o Arcadia no 9º posto da táboa, e prepara o encontro que o próximo domingo as medirá ao Betanzos no campo do equipo coruñés, 6º do grupo con 2 puntos máis que o Arcadia.
Fútbol Sala

Terceira División
Pazos de Borbén F.S, xornada de descanso. O 14 de marzo recibirán ao ED Vigo 2015.
Preferente Sur

Quinta de Tui 1-3 Redondela Maramar
O conxunto redondelán segue na pelexa polos postos da fase de ascenso logo da vitoria a domicilio en Tui. O domingo recibirán no pavillón da Marisma ao Valadares, 8º do grupo. Ás 16.15 horas.
Campito 5-2 Balona Linense
Contundente vitoria dos de Chapela, que non cesan na súa escalada na táboa. Xa son 6º. Esta fin de semana teñen un difícil desprazamento, visitan a pista do líder, As Neves. Domingo ás 17.30 horas.
Primeira Galicia

Beade B 5-10 Arealonga Const.Castro
O Arealonga segue con paso firme camiño ao título de liga e o ascenso, logo da contundente vitoria en Beade. Este sábado reciben en Chapela ao Valadares B.
Balonmán División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 20-27 Puerto del Carmen
O conxunto redondelán non puido cun dos “ósos” da categoría. A SAR, debilitada polas baixas non puido facer fronte ás canarias, que necesitaba gañar para seguir na loita polo título. O equipo de Elisardo Covelo “Chini” ocupa agora o 8º posto. Esta fin de semana viaxan a Asturias para medirse ao Siero, o pechacancelas.
Primeira Nacional

Teucro 30-36 Rodosa Chapela
Os de Fran Teixeira non queren descolgarse da pelexa polos postos de promoción de ascenso, e co triunfo en Pontevedra seguen na pelexa. O conxunto chapeleiro púxose por diante no marcador desde o inicio e chegou ao descanso cunha ampla vantaxe (13-20). Na segunda metade o Teucro tentouno reducir distancias e achegouse a tan só dous goles a falta de dez minutos para o final. O Rodosa reaccionou cun parcial de 6-0 e botou por terra as opcións dos locais. O BM Chapela é cuarto clasificado a dous puntos do líder. O sábado reciben no González Soto ao Luceros, 5º do grupo.
Primeira Autonómica

SAR Plastic Omnium 23-21 Culleredo
Os de Pablo Muiños defenderon o liderado ante o Culleredo nun partido moi disputado. A próxima fin de semana repiten como locais, reciben ao Seis do Nadal.
REMO

Chapela gaña a III Bandeira Confraría de Pescadores de Vilaxoán
O club redondelán impúxose en Vilaxoán nunha regata con alta participación, cun total de 100 tripulacións. Chapela conquistou a III Bandeira Confraría de Pescadores de Vilaxoán, que se adxudicaba ao club que alcanzase maior puntuación. Os mozos e mozas do Club Remo Chapela sumaron 33 puntos nas dez disciplinas do programa, seguíndolle Mecos, con 28 puntos, e Tirán, con 24. O club redondelán sumou un total de 8 medallas.
Resultados probas femininas: Alevín: 1. Mecos, 3.59:04; 2. Tirán, 3.00:83; 3. Chapela, 3.10:36. Infantil: 1. Samertolaméu, 5.36:30; 2. Vilaxoán, 5.40:96; 3. Amegrove, 5.47:37. Cadete: 1. Chapela, 8.26:46; 2. Mecos, 8.29:33; 3. Robaleira, 8.32:75. J uvenil: 1. Chapela, 11.00:99; 2. Tirán, 11.08:87; 3. Mecos, 11.33:30. Absoluta: 1. Meira, 11.01:15; 2. Chapela, 11.03:46; 3. Samertolaméu, 11.09:96.
Resultados probas masculinas:
Alevín: 1. Virxe dá Guía, 3.04:35; 2. Mecos, 3.14:06; 3. Chapela, 3.16:76. Infantil: 1. Vilaxoán, 5.13:49; 2. Tirán, 5.20:16; 3. Chapela, 5.22:23. Cadete: 1. Amegrove, 7.40:20; 2. Mecos, 7.45:29; 3. Samertolaméu, 7.47:91. Xuvenil: 1. Chapela, 10.08:62; 2. Mecos, 10.11:61; 3. Arealonga, 10.17:13. Absolutos: 1. Tirán, 9.43:51; 2. Vilaxoán-A, 9.50:53; 3. Vilaxoán-B, 9.50:97.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará