Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina celebra unha asemblea aberta para buscar alternativas ante a necesidade dun local

RR_Noticias

A reunión celebrarase este xoves ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira e está aberta a todos os colectivos, veciños así como políticos co obxecto de crear un debate e analizar posibles alternativas ante a necesidade que este colectivo ten de contar cun local no que desenvolver os seus programas, entre os que se atopa un centro ocupacional. Dende a propia asociación barallan como alternativas a Casa do Mar, o edificio de Pousadouro ou as casa dos mestres debidamente acondicionadas.

O presidente de Andaina, a asociación de Redondela que aglutina ás familias con nenos con necesidades especiais, Antonio García, explica que a día de hoxe comparten local con outro colectivo polo que lles é imposible desenvolver os seus proxectos a curto e medio prazo. Un proxecto que pasa por poñer en marcha un centro ocupacional ou un centro de formación laboral para atender a eses nenos, agora xa adultos, con diversidade funcional que forman parte da asociación. Un proxecto que Andaina puxo en marcha hai dous anos, que presentou tanto ao anterior como ao actual goberno, e que está paralizado debido á falta dun espazo onde poder levalo a cabo. Co obxecto de buscar alternativas convidan a asociacións e colectivos a participar nun debate que se desenvolverá este xoves ás 19:30 horas no Multiúsos. Confían en contar tamén coa presenza dos grupos políticos con presenza na corporación a quen lles enviaron a convocatoria.   Sobre a mesa posibles opcións: a antiga Casa do Mar, o edifico Pousadouro que actualmente alberga os obradoiros de emprego ou mesmo as casas dos mestres debidamente acondicionadas. Con todo, confía en que nesa asemblea se barallen tamén outras opcións que sexan unha alternativa viable as súas necesidades.  

Antonio García Andaina
O seu proxecto contempla a posta en marcha dun centro ocupacional
Locais accesibles
As súas necesidades precisan dun local cunhas características particulares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará