Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A produtora de “O que arde” busca actores e actrices en Redondela

RR_Noticias

Redondela celebra un novo casting para unha película. Cando aínda estamos pendentes da estrea de María Solinha, película que converteu o noso concello nun plató de cine e na que veremos a moitos dos nosos veciños como figurantes, agora é a produtora compostelá Miramemira e Morelli quen busca actores e actrices para unha película que se rodará na Illa de San Simón. O casting será os días 13, 14 e 15 de marzo.

As probas, nas que colabora o Concello, están abertas a homes de entre 25 e 90 anos, e a mulleres cuxa idade vaia dos 50 aos 90 anos. As persoas que estean interesadas deberán confirmar asistencia previamente chamando ao teléfono 881 957 309 ou escribindo ao email info@miramemira.com.
As probas realizaranse o venres 13 na Casa da Cultura, e o sábado 14 e domingo 15 no Multiúsos da Xunqueira en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará