Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cabo da Cruz imponse en Chapela no XV Memorial Paco Fenosa

RR_Noticias

A augas de Arealonga foron escenario un ano máis do Memorial Paco Fenosa de triaiñeiras, coa primeira proba da temporada na categoría raíña. Cabo da Cruz gañou tanto na categoría masculina como na feminina. O C.R. Chapela acadou a terceira praza na feminina.

Os equipos do norte dominaron o Memorial Paco Fenosa, que se celebrou onte en Chapela. Ares e Perillo fixéronse coa segunda praza nads categoría de homes e mulleres, respectivamente. As mellores posicións para os barcos da Ría de Vigo foron os bronces para Tirán B en categoría masculina e Chapela na feminina. O club redondelán, organizador da cita, dividiu a mañá en dúas quendas. Na primeira remaban os equipos femininos, os veteranos e os de base. A proba masculina reuniu a 17 traiñeiras. Tras Cabo e Ares entrou Tirán, dando tempo a Samertolameu e Bueu. Décima foi a outra tripulación de Tirán, décimo segunda Cesantes, décimo sexta A Guía e décimo sétima Chapela.
Homenaxe a Paco Fenosa
A regata, xa tradicional no calendario galego de traiñeiras, quere servir de lembranza e homenaxe a Francisco Alonso Loureiro, coñecido por todos como “Paco Fenosa”, o que fora o primeiro presidente do club de remo de Chapela. Como cada ano, o club entregoulle un obsequio á súa viuva, acto no que participaron directivos e deportistas do club, xunto a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará