Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela comeza con éxito a tempada de bateis

RR_Noticias

As augas da Ría de Vigo, nas inmediacións da ETEA, acolleron a primeira cita da liga Galega de Bateis na súa zona sur. Chapela exhibiu o seu dominio na categoría feminina nunha xornada con algo de vento e boa temperatura na Bandeira Concello de Vigo.

A cita, organizada polo Club de Remo Virxe da Guía, congregou aos clubs máis representativos do sur de Galicia para comezar a tempada de remo. Chapela fíxose coa bandeira na categoría absoluta feminina, e Tirán Pereira na masculina. Os de Moaña levaron o triunfo por diante de Bueu e Mecos, que foron segundo e terceiro, respectivamente. No caso do club redondelán, a vitoria chegou tras superar nunha emocionante regata a Bueu e a Samertolameu, que coparon as outras dúas prazas do podio. O C.R. Chapela sumou tamén catro medallas máis: prata nas categorías xuvenil e cadete feminina, e prata e bronce na categoría infantil masculina.
Resultados
Femininos: Alevin: 1.Mecos, 3.06:05; 2.Tirán, 3.08:20; 3.Amegrove, 4.02:47. Infantil: 1.Amegrove, 4.43:23; 2.Samertolaméu, 4.56:52; 3.Vila Cangas, 5.02:21. Cadete: 1.Mecos, 7.28:16. 2.Chapela, 7.46:72; 3.Samertolaméu, 8.16:94. Xuvenil: 1.Tirán, 9.30:17; 2.Chapela, 9.42:04; 3.Samertolaméu, 10.24:97. Absoluto: 1.Chapela, 9.32:65; 2.Bueu, 9.46:54; 3. Samertolaméu, 9.49:54.
Masculinos: Alevín: 1.Virxe dá Guía, 2.51:21; 2.Bueu, 2.55:82; 3.Mecos, 3.00:75. Infantil: 1.Tirán, 4.28:21; 2.Chapela A, 4.30:25; 3. Chapela B, 4.32:22; 4.Vilaxoán, 4.32:28. Cadete: 1.Mecos, 6.48:81; 2.Amegrove, 6.53:98; 3.Meira, 6.57:89. Xuvenil: 1.Mecos, 8.39:02; 2.Arealonga, 8.56:41; 3.Chapela, 9.07:34. Absoluto: 1.Tirán, 8.20:09; 2.Bueu, 8.28:59; 3.Mecos, 8.44:41.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará