Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas nega que o Meirande sexa dos Franco ao tratarse de solo de dominio público portuario

RR_Noticias

A alcaldesa de Redondela lanza unha mensaxe de tranquilidade aos veciños, ao asegurar que non hai “ningunha dúbida” de que os terreos nos que se atopa o museo de Rande pertencen á Autoridade Portuaria de Vigo, e o Concello ten unha concesión por 35 anos. Sinala que hai dúbidas cos lindes dalgúns terreos da contorna, que é o que se está agora a analizar.

O goberno local é tallante, logo de facer as indagacións necesarias e recompilar toda a información sobre a titularidade dos terreos nos que se asenta o Museo da Batalla de Rande. Por iso a mensaxe da alcaldesa é de “total tranquilidade para os veciños”. Lamenta que os medios de comunicación se fixeran eco esta fin de semana dunha información que fai referencia á intención dunha rama da familia Francos de vender 7.800 metros cadrados de terreo nos que se atoparía o Museo Meirande. A rexedora local explicou tamén que esta mesma mañá mantivo unha conversa co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, quen lle constatou tamén a situación dos terreos. Tal e como se recolle no BOE do 23 de setembro de 2011, a Autoridade Portuario fixo pública a tramitación da concesión administrativa dos terreos ocupados polo Meirande onde constan os 2.500 metros cadrados da fábrica do alemán.    

Digna Rivas alcaldesa
Digna Rivas nega que o Meirande sexa dos Franco ao tratarse de solo de dominio público portuario.
Concesión da Autoridade Portuaria
O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo Enrique López Veiga constatou tamén a situación dos terreos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará