Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Brigadas ecolóxicas no Instituto de Soutomaior

RR_Noticias

A iniciativa pretende aumentar a conciencia ambiental entre o alumnado do centro. O proxecto pretende fomentar as condutas responsables co medio ambiente a través das interaccións entre o propio alumnado. Para iso, os integrantes da brigada ecolóxica exercerán de guía para os seus compañeiros á hora de depositar os residuos nos colectores adecuados, resolver dúbidas sobre a reciclaxe e distribuír información sobre as campañas específicas de reciclaxe, como a que actualmente se está desenvolvendo no instituto coas pilas e baterías.

Máis de 200 alumnos do IES Soutomaior participan no proxecto educativo “Brigadas Ecolóxicas”. Un programa impulsado polas concellarías de Educación e Xuventude e o Departamento de Bioloxía do centro no que unha quincena de alumnos de 1º da ESO fomentarán a conciencia ecolóxica entre os seus compañeiros mediante diversas actividades.
Contan incluso cunha mascota “Basurilla”, un boneco realizado polos alumnos cos residuos máis habituais que producen no centro educativo e que quere representar a cantidade de residuos que xeramos coa nosa actividade diaria e sobre os que non chegamos a ter conciencia.
As actividades da brigada ecolóxica levaranse a cabo até o final de curso e incluirán campañas específicas entre o alumnado, como o reparto de bolsas de papel na cafetaría do centro, coas que porán en relevancia o impacto ambiental do seu centro educativo e fomentarán medidas para reducilo.
Esta iniciativa ambiental únese ás xa desenvolvidas polo Concello de Soutomaior no centro educativo, como a instalación de composteiros e colectores para fomentar a reciclaxe, as plantacións de árbores realizadas en zonas sensibles do municipio e as diversas charlas e actividades de concienciación promovidas durante o horario lectivo dos alumnos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará