Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres condutores investigados por delitos contra a seguridade viaria en menos de 72 horas

RR_Noticias

Dous condutores cunha taxa de alcohol non permitida ao volante e un terceiro que carecía de permiso de conducir malia circular polo centro da vila, é o balance que nos deixa a fin de semana con varias intervencións da Policía Local que instruíron dilixencias xudiciais ás tres persoas implicadas.

O último dos sucesos tiña lugar na mañá do domingo cando os axentes deron o alto a un vehículo conducido por unha veciña de Redondela, de 33 anos de idade, que circulaba polo centro da vila de xeito errático, o que levantou a sospeita dos axentes. Unha vez se lle realizaron as probas de alcoholemia, deixou un resultado positivo de 0,84, moi por riba do permitido ao volante.
Unhas horas ante e cando realizaban labores de prevención eran os axentes da policía nacional os que deban o alto a un vehículo comprobándose que o condutor non tiña permiso de conducir en vigor, sendo posteriormente a policía local que realizou o correspondente atestado.
Por último, outro veciño de Redondela foi tamén denunciado por un delito contra a seguridade vial logo de que axentes lle desen o alto ao turismo que circulaba cunha roda sen aire, decatándose de que circulaba baixo os efectos do alcohol.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará