Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Identificados catro mozos que disparaban contra unha árbore no paseo de Cardona en Chapela

RR_Noticias

Axentes da policía local acudiron ao lugar logo de seren alertados polo 112 sobre a presenza duns mozos que estaban a realizar disparos na zona. Comprobouse posteriormente que se trataba dunha arma simulada, é dicir, unha “pistola de balines” de plástico que foi intervida. O menor enfróntase agora unha sanción económica.

Os feitos producíanse o sábado no Paseo de Cardona e ata o lugar desprazábanse os axentes, comprobando que a arma non era real. Con todo procederon a súa incautación a tramitar unha denuncia para a correspondente sanción administrativa.
Tamén a Policía local procedía este domingo a identificar a dous mozos que se estaban facendo selfies nas vías do tren en Rande. Neste caso dous veciños de Vigo que tamén poderían ter que enfrontarse a unha multa polo risco que causaban coa súa actuación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará