Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous homes cando fuxían tras cometer un roubo nunha nave en Chapela

RR_Noticias

A Policía Nacional detivo dous homes cando pretendían cometer un roubo nunha nave da avenida de Redondela, en Chapela, imputándoselles un delito de roubo con forza. Os detidos actuaban coordinadamente e accedían ás diferentes dependencias da nave para localizar diñeiro en efectivo e os efectos de valor. A intervención e coordinación das diferentes unidades policiais permitiu localizar aos dous sospeitosos cando tentaban fuxir a través dun monte próximo.

A Policía Nacional detivo a dous homes de 44 e 40 anos de idade respectivamente, ambos de nacionalidade romanesa e sen domicilio coñecido, por un delito de roubo con forza cometido en Chapela. Os feitos producíanse de madrugada cando ao redor das 04:45 se activaba cando a  central de alarmas avisaba dunha activación nunha nave da avenida de Redondela.
Inmediatamente desprazouse ao lugar un axente de paisano que formaba parte do dispositivo especial en prevención de roubos, o cal realizou unha batida pola zona. Cando circulaban polo camiño dos Olmos un dos axentes observou a dous homes, vestidos completamente de negro, portando un deles un maletín. Ao detectar a presenza policial botaron a correr cara á zona de monte que está na zona do Rego Fondón sendo localizados e detidos pouco despois, localizándose nas inmediación un gorro de la gris, un perfume, un walkie, unha pata de cabra e o maletín que portaban.
Outros dous axentes dirixíronse á nave industrial  e realizaron unha requisa no interior da nave, observando que accederan escalando un muro desde unha das leiras lindeiras e unha vez na terraza forzaran dúas portas para entrar á nave. Ademais das oficinas había diversas estancias que se atopaban cos accesos forzados, así como o cadro de luces.
Por todo iso procederon á detención de ambos os homes e ao seu traslado a Comisaría, comprobándose que aos detidos constábanlles varios antecedentes policiais, varios deles por feitos similares.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará