Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura pon en marcha a campaña “quefacerenredondela”

RR_Noticias

A Concellería busca “facilitar a difusión de todos os actos culturais que acontezan no noso concello”. Por ese motivo convidan a todas as asociacións, colectivos, centros culturais ou institucións que realicen algún tipo de iniciativa cultural a poñerse en contacto con este departamento a través do enderezo quefacerenredondela@redondela.org enviando toda a información referente ao evento que organicen.

Nese correo debe especificarse o nome e descrición da actuación, a data e hora de realización así como o lugar e o contacto da entidade organizadora. A iniciativa aparecerá no CalenDiario Cultural na páxina web do concello completamente de balde.
Un departamento, o de cultura, que mantén aberto un rexistro municipal ao que se poden sumar todas aquelas persoas ou grupos que traballan no campo artístico en xeral: músicos, actores, fotógrafos, pintores, escultores… calquera manifestación artística ten cabida neste inventario que busca facilitar a comunicación e propiciar intercambios, actuacións, exposicións. Por este motivo, convidan a todos os que traballen neste eido a enviar un correo cos seus datos ao enderezo cultura@redondela.gal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará