Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello porá en marcha campañas de promoción de uso do ferrocarril

RR_Noticias

O obxectivo destas campañas é animar á veciñanza a que empreguen o tren nos seus desprazamentos. A cambio Renfe comprométese a revisar “exhaustivamente as frecuencias das liñas e paradas para intentar aumentar a súa frecuencia que actualmente é de 21 paradas nas distintas estacións e apeadeiros, para intentar así dar mellor servizo aos e ás viaxeiros”. Estes compromisos acadáronse nunha xuntanza mantida entra a alcaldesa Digna Rivas e o directores xeral de viaxeiros de Renfe, Rafael Azuara celebrada en Madrid.

A Alcaldesa, Digna Rivas e o Conelleiro de Turismo, Daniel Boullosa, aproveitaron a súa visita a Fitur para reunirise co director xeral de viaxeiros de Renfe, Rafael Azuara. Nesta reunión, a Alcaldesa trasladou a importancia para Redondela de que Renfe estude a posibilidade de aumentar as frecuencias nas paradas de trens de proximidade entre Pontevedra e Vigo.
Pola súa banda, o Goberno Municipal comprométese a realizar campañas de promoción e impulso do uso do ferrocarril, e dende o Concello adoptaranse tódalas medidas necesarias para informar e animar a veciñanza a utilizar un medio de transporte alternativo, cómodo, accesible e respetuaso co medio ambiente.
Outros temas tratados nesta xuntanza foi a venda presencial de billetes na estación da Portela, no que Alcaldesa mostrou a súa satisfacción de que Renfe decidira cambiar as medidas adoptadas en días anteriores, comprometéndose a manter este servizo ata o próximo 30 de xuño. A partir desta data Renfe contratará a persoal de apoio, parados inscritos nas oficinas do INEM de Redondela, que se encargarán de asesorar aos usuarios e usuarias á hora de adquirir os seus billetes nas máquinas de autovenda ou nas distintas formas habilitadas.
Xa o pasado venres, A Alcaldesa, Digna Rivas e outros membros do Goberno, mantiveran unha frutuosa reunión con representantes de Adif, José Díaz Salgado, Víctor Barros, xefe e subdirector de estacións do Noroeste, respectivamente, e Juan Manuel Cutrín, xefe de estacións de Galicia.
A Alcaldesa agradece o compromiso de Adif de tramitar unha reivindicación de gran importancia como é a posibilidade de que as infraestructuras ferroviarias infrautilizadas, como a estación de Eidos, poida ser disfrutadas pola veciñanza como centros de cultura e ocio, onde celebrar puntualmente distintos actos sociais ou culturais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará