Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría elixe este sábado unha nova xunta directiva para afrontar a crise do pósito

RR_Noticias

Os 261 socios que conforman o pósito redondelán están chamados este 25 de xaneiro a acudir ás urnas para elixir aos seus representantes logo de que unha xestora asumira o mando a mediados dos mes de novembro e convocara estes comicios.  As urnas estarán abertas en horario de 10 a 14 horas. En total 25 candidatos de entre os que se elixirán os 20 vogis que asumirán o control da confraría.

Arranca este sábado o proceso para elixir aos novos representantes do pósito, ente eles, ao patrón ou patroa que relevará ao seu predecesor no cargo Clemente Bastos. O resultado das votacións e a proclamación definitiva dos vogais da xunta xeral será o 5 de febreiro. A proclamación dos novos órganos rectores da confraría tería lugar o día 20 e a continuación procederase á elección do novo patrón. De entre os que saian electos este sábado deberán elixir a persoa encargada de reconducir a situación da confraría para afrontar a crise económica e evitar a súa quebra.
Unha crise que lle custara o cargo ao patrón maior da entidade, Clemente Bastos, quen levaba unha década á fronte do pósito. A situación precipitábase a principios de novembro ao presentar a súa dimisión en bloque máis da metade dos membros da xunta xeral o que obrigaba a constituír unha xestora e convocar eleccións para elixir unha nova directiva.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará