Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Casa O Rei de Ibuprofeno Teatro no Multiúsos

RR_Noticias

O ciclo Vive o Teatro da Concellería de Cultura continúa este sábado 25 ás 20:00 horas coa obra Casa O,Rei con Marián Bañobre, Miguel Borines, Santiago Cortegoso, Teté García e Víctor Mosqueira, entre outros. Unha obra pola que o actor e titiriteiro redondelán, Miguel Borines foi merecedor do máis importante dos premios que concede a escena galega a un actor de teatro, o María Casares ao mellor actor protagonista. As entradas están xa a venda a un prezo de 7€ entrada normal, 5 euros, reducida.

A compañía Ibuprofeno Teatro pecha con esta obra o que denominan como Triloxía Gastronómica tras Raclette e O Furancho. Casa O Rei, un ambicioso texto que escribe e dirixe Santiago Cortegoso, deconstrúen e reimaxinan O Rei Lear dun modo moi particular, tomando como punto de partida para armar un drama que nos mostra os límites da cobiza dunha familia ao redor dun negocio familiar: a casa de comidas que, durante anos, rexentou o pai. Gravemente enfermo, Manolo Rei, propietario de Casa ORei, un mesón que dirixe desde hai anos, reúne aos seus ao redor dun cocido que pode ser o último que prepare. Sábese ao final dos seus días e, antes de partir a Houston para darse un tratamento que talvez poida salvarlle, reparte o negocio familiar entre o seu tres fillas Maribel, Rita e Cordelia para que continúen coa tradición e manteñan o negocio. Pouco pode imaxinar Manolo Rei que ao seu regreso de Estados Unidos atopará o negocio patas para arriba, por unha serie de prácticas culinarias e empresariais que as herdeiras e os seus esposos porían en marcha cun único obxectivo: obter o máximo beneficio co mínimo esforzo. O moribundo empresario terá que loitar entón por devolver as augas á súa canle, sen ter en conta que as relacións internas xa arden como as potas a presión do mesón e que as consecuencias de desfacer o feito poden ser irreparables.  

Miguel Borines actor
Un papel que o fixo merecedor do Maria Casares a mellor actor protagonista

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará