Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dolorosa derrota do Choco en Abegondo

RR_Noticias

Un fatídico gol en propia porta, no minuto 89, deixa ao equipo redondelán sen opcións de puntuar ante o RCD Fabril nun partido moi igualado. No resto de categorías do fútbol, vitoria para Arcade e Atl. Vilar, e para o Campito en fútbol sala. No balonmán pleno de triunfos para os equipos locais, co Rodosa Chapela a 1 punto do liderato.

Terceira División
Fabril 1-0 Choco
Chegaba o CD Choco á Cidade Deportiva de Abegondo coa ilusión de sacar algo positivo no seu primeiro desprazamento desta segunda volta. Enfronte o RCD Fabril, equipo que os recibía nun posto máis alto na táboa, pero igualaldos a puntos. O partido estivo moi igualado no primeiro tempo, con moita actividade no medio campo e escasas ocasión de gol por parte de ambos bloques. Tralo descanso o CD Choco fixo un cambio, entrou Comis por Martin, pero a tónica do primeiro tempo repetiuse no segundo: sen apenas ocasións de gol pero cun xogo que gañou en rapidez e intensidade. Parecía que o encontro acabaría en táboas, cando no último minuto a mala fortuna propiciaría o gol en propia porta de Mario tras un barullo na área de Cortegoso, perdendo a oportunidade de sumar en Abegondo. O Choco remata así no 7º posto, e a próxima fin de semana reciben en Santa Mariña ao Rápido de Bouzas, cos vigueses na parte baixa da táboa e moi necesitados de puntos.
Fabril: Álex Cobo; Valín, Bourdal, Juan Rodríguez, Martí Vilà; Gandoy, David Sánchez (Víctor, min. 82); Javi Sánchez, Villares, Aarón (Eugeney, min. 67); e Pedro (Jawed, min. 67).
Choco: Cortegoso; Mario, Yago Vázquez, Vitra, Aitor Cañedo; Alberto Suárez (Tomás Abelleira, min. 59 ),Sergio Santos; Yerai Couñago, Félix , Martín (Comis, min. 46); e Adrián Rodríguez (Davicín, min. 69).
Gol: 1-0, min. 90: Mario, en propia porta.
Primeira Galega
Arcade 1-0 Tyde
O conxuto de Soutomaior impúxose pola mínima e escala dúas posicións grazas aos resultados negativos dos rivais directos. Na próxima xornada visitan o campo do Unión Dena, que é 6º, pero empatado a puntos co Arcade.
Segunda Galega

Atl. Faxilde 3-1 Cesantes
O Cesantes queda como pechacancelas do grupo logo de perder no campo do que ata esta xornada ocupaba esta posición, o At. Faxilde. O domingo protagoniza o derbi comarcal, recibe ao Sampaio, que está no 12º posto.
Atl Vilar1-0 Ribeira
Os de Jorge Iglesias escalan unha posición, son 13º, logo de gañar pola mínima en San Martiño ao Ribeira, un rival moi complicado. Na próxima xornada visitan o campo do Val Miñor, que é 4º.
Terceira Galicia

Sampaio 2-0 Chapela
Un dobrete de Adrián Pérez permite ao Sampaio arrebatar o posto de play off de ascenso ao Chapela, e confirma a igualdade na zona nobre da táboa, con cinco equipos (Lavadores, Sampaio, Peñasco, Chapela e Casabranca) separados unicamente por dous puntos. O Chapela está agora na 6ª praza, e na próxima fin de semana volve xogar fóra, visita o campo do Teis. Derbi comarcal cos anfitrións no 9º posto.
Peñasco 3-1 Nespereira
Derrota do Nespereira, que agora é 14º. O domingo recibirán a outro dos equipos da parte baixa da táboa, o Vigo 2015, co que están empatados a puntos.
Fútbol Sala

Terceira División

Pazos de Borbén F.S 5-3 Outeiro de Rei
Novos tres puntos na última xornada da primeira volta, o Pazos remata 9º con 19 puntos. O peor para o equipo están a ser as lesións , e esperan recuperar xente para o importantísimo partido que xogarán a vindeira semana ante o Praias de Barreiros C.D. , novamente no Municipal de Pazos.
Preferente Sur

Coperfi Cereixa Gondomar 8-2 Redondela Maramar
O Redondela Maramar baixa ao 3º posto logo da derrota na pista do Coperfi Cereixa Gondomar, e perde a posición de ascenso directo, que agora está a 2 puntos de distancia. Esta fin de semana reciben ao Verín Sala, 10º na táboa.
Campito 4-2 Abetos Gondomar
O Campito ascende un posto, ata o 7º, logo de impoñerse nun disputado partido ao Abetos Gondomar. Esta fin de semana visita a pista do Apostol, situado na metade baixa da táboa.
Primeira Galicia

Arealonga Const.Castro Tiveron xornada de descanso, regresarán á competición o sábado, 25 de xaneiro. Será no pavillón do Baiña “B”.
Balonmán División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 33- 24 Porriño
A SAR adxudicouse o derbi ante o Rubensa Porriño. As da Louruña chegban á cita mellor situadas na táboa, pero non tiveron ningunha ocasión ante o conxunto de “Chini”. A SAR dominou de principio a fin o partido facendo un gran xogo, con papel destacado para Lara Patiño e Goreti Miguel, con 6 goles cada unha.
Primeira Nacional

Carnes do Ribeiro 22-23 Rodosa Chapela
O Rodosa Chapela segue imparable. O triunfo en terras ourensás e o tropezo do Lanzarote na Cañiza, permite aos de Teixeira escalar unha posición e achegarse ao liderato, que mantén o Lalín a 1 punto de distancia. De feito o Chapela deitouse líder o sábado, ata que onte o Lalinense recuperou a primeira posición ao impoñerse a domicilio ao Seis do Nadal. Esta fin de semana reciben no Manuel González Soto ao Cañiza.
Primeira Autonómica

Pavillón Ourense 24-33 SAR Plastic Omnium
O conxunto redondelán mantén o liderado do grupo no final da primeira volta logo dun contundente triunfo na pista do Pavillón Ourense. Esta fin de semana disputan o derbi comarcal en Redondela ante o Porriño, que é 6º.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará