Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alumnado do obradoiro de emprego arranxará o paseo do Pexegueiro e os xardíns de Regojo

RR_Noticias

Un total de 36 persoas desempregadas reciben formación nos obradoiros de emprego “Redondela sostible” e “Redondela Vila Bela III” que se imparten nas instalación de Pousadouro. Alumnos que buscan mellorar a súa empregabilidade recibindo formación teórico práctica en carpintería e vernizado, deseño gráfico, cantería e no eido forestal e que se encargarán de acometer melloras en diferentes puntos do concello como o arranxo do paseo de madeira do Pexegueiro ou a mellora dos xardíns na contorna da praza 8 de Marzo no Salgueiral.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia Francisco Conde, acompañado pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e membros do Goberno local, visitaron na mañá de onde as instalacións do Pousadouro, onde 36 persoas participan nos obradoiros de emprego do Plan Galego de Formación para o Emprego.
Alumnos e alumnas destes obradoiros reciben formación teórico práctica en carpintería e vernizado, deseño gráfico, cantería e no eido forestal. Todas elas, apuntou a alcaldesa Digna Rivas, “con ampla demanda no mercado laboral o que favorecerá a empregabilidade das persoas participantes”.
O alumnado destas accións formativas desenvolverá, na parte práctica, traballos que redunden en beneficio da veciñanza. Entre eles está previsto que realicen cubertas de lavadoiros na zona de Chapela e a colocación de mobiliario urbano; deseño de campaña e carteis para o Concello; actuacións de ornamentación e colocación de pedra en varios edificios municipais e mantemento da horta ecolóxica e acondicionamento de espazos verdes como nos xardíns da urbanización de Regojo.
Digna Rivas que agradeceu “a axuda da Xunta de Galicia nestas accións formativas e a sensibilidade amosada neste eido polo conselleiro Francisco Conde”, subliñou a aposta do Goberno de Redondela “no desenvolvemento de accións formativas como factor fundamental para a inserción laboral das nosas veciñas e veciños” e animou aos alumnos e alumnas a ser constantes e aproveitar esta oportunidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará