Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido o autor de dez roubos en garaxes e estacionamentos municipais de Redondela

RR_Noticias

A Policía Nacional detivo a un home de 60 anos de idade veciños de Vigo como autor de oito delitos de roubo con forza e dous de furto no interior de vehículos en parkings de empresas, estacionamentos municipais e garaxes de edificios. Entre os obxectos roubados había cámaras dixitais, consolas portátiles, complementos de moda e diñeiro en efectivo. As rúas máis afectadas foron o Paseo da Xunqueira, a rúa da Laxe na zona dos Eidos e o Salgueiral.

Os vehículos estacionados en parkings de empresas, estacionamentos municipais e garaxes de edificios da contorna de Redondela convertéronse ao longo do último mes no obxectivo dun home que subtraeu diversos efectos e diñeiro en varios deles. A alarma saltaba o pasado día 13 de decembro, cando un veciño de Redondela aparcaba o seu vehículo na Estrada de Vigo e ao volver atopábase a porta forzada e o interior totalmente revolto. Un feito que se repetía en días posteriores por diversas rúas do centro da vila, como o Paseo da Xunqueira, o Salgueiral ou a zona dos Eidos. Tamén os parkings de empresas sufriron roubos no interior dos vehículos, descubrindo os traballadores como ao finalizar a xornada laboral os seus vehículos sufriran danos e roubos no seu interior.
Para lograr identificar ao autor iniciouse unha complexa investigación na cal se contactou con veciños e persoal dos centros de traballo por se puidesen ver a algunha persoa sospeitosa polas proximidades, concluíndo varias testemuñas na presenza dun home de avanzada idade que se desprazaba en bicicleta.
Iso permitiu aos axentes identificar a un home con varios antecedentes policiais, despregándose varias patrullas camufladas na contorna para tentar localizar e deter ao individuo.
A detención foi levada a cabo por axentes do Grupo de Policía Xudicial da Comisaría de Distrito Centro, pertencente á Comisaría de Policía Nacional en Vigo-Redondela, pasando o detido e todo o actuado a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Redondela, en funcións de garda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará