Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco organiza a primeira edición do seu torneo de Nadal

RR_Noticias

Un evento deportivo de marcado carácter solidario, cunha entrada que consistirá nun quilo de alimentos non perecedoiros destinados a Cáritas. Os encontros arrancarán ás 9:00 horas deste sábado 28 de decembro, con participación de diferentes equipos das categorías Benxamín, Alevín e Infantil.

Un torneo que inaugurarán os equipos da casa das categorías infantil e benxamín que se enfrontarán entre eles, e finalizarán o campionato ao final da mañá para dar paso aos alevíns en horario de tarde, sendo o primeiro dos encontros as 15.30 horas para rematar as 21.00 horas.
Na categoría infantil participarán 8 equipos en dous grupos de 4. Os equipos participantes serán O Choco A, Choco B, Choco, C, Pontevedra CF, Bosco, Santa Mariña, Ribadavia e Salcedo. A final disputarase ás 16.15 horas.
Na categoría benxamín serán 10 os equipos participantes en dous grupos de 5. Choco A, Choco B, Choco C, EFC Cangas A, EFC Cangas B, A. Cuntis, Bosco, Pontevedra CF, CD Soutomaior e Moraña. A final disputarase ás 14.40 horas
E por último na categoría Alevín 16 equipos son os participantes en catro grupos de catro. Choco A, Choco B, Choco C, Chapela A, Chapela B, Nespereira, Candeán, Moraña, EFB Cangas, R1, Soutomaior, Pontevedra, Alondras, Bosco, ED Barbarás e A. Matamá. A final disputarase as 21.00 horas.
Dende o club xa teñen todo disposto para facer do sábado un día especial onde a solidaridade será a gran vencedora do torneo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará