Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A proxección de Trinta Lumes pon o peche ao ciclo Novo Cinema Galego de Normalización Lingüística

RR_Noticias

A cinta pode verse este xoves ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Dirixida pola veciña de Cesantes Diana Toucedo, a directora estará presente e ao remate da proxección desenvolverase unha charla coloquio cos asistentes. As entradas están a venda no Multiúsos a un prezo de 2 euros.

Unha película rodada no Courel que xira en torno a Alba, unha moza de doce anos que desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Co seu mellor amigo Samuel entran en casas abandonadas, percorren vilas destruídas e intérnanse nunhas montañas que esconden outro mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia por descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte. Unha cinta que serve de peche a un ciclo que durante catro semanas serviu para achegar aos espectadores de Redondela películas como O que arde de Oliver Laxe e Arraianos de Eloy Inciso, directores do Novo Cinema Galego así como para recuperar a un dos pioneiros do cine en galego, o traballo Mamasunción de Chano Piñeiro.  

Xurxo Martínez Normalización Lingüísitca
Trinta Lumes clausura un ciclo dedicado ao cine en galego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará