Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra a I carreira Solidaria de Nadal

RR_Noticias

A cita deportiva terá lugar o domingo 29 de decembro con saída ás 11:00 horas dende a praza do Concello. Trátase dunha carreira para todas as idades, que estará chea de sorpresas propias destas datas, e na que poden participar tamén as mascotas. Unha carreira con fin solidario na que se recollerán alimentos non perecedoiros para Cáritas.
Inscrición on line.
 

O percorrido é duns 2,5 quilómetros. Sairá dende a rúa Alfonso XII, subirá ata a igrexa, percorrerá o casco antigo, voltará á rúa Alfonso XII, atravesará a Alameda de Castelao e a rúa Ribeira, rematando diante da Casa do Concello.
Os que queiran participar deben inscribirse a través da páxina web do concello no enderezo www.redondela.gal
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará