Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ping-Pong e xadrez para o Nadal

RR_Noticias

O Centro Recreativo e cultural de Redondela organiza por primeira vez un campamento de Nadal centrado en dúas modalidades deportivas ben diferentes: o xadrez e o tenis de mesa. O catro veces mundialista Nigel Webb será o encargado de impartir ambas actividades. Unha proposta que busca facilitar a conciliación laboral e familiar nas datas de Nadal así como achegar aos cativos un espazo diferente para estes días de vacacións. A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas os días 23, 26,27,28 e 30. Máis información na sede do centro en horario de tarde ou no teléfono 687 159 407.

Dende hai semanas son xa 18 os nenos e nenas que se achegaron ao tenis de mesa da man do xamaicano e mundialista Nigel Webb. Unha actividade que precisa de forza, axilidade e rapidez “características que se poden mellorar con traballo e esforzo” segundo explica Webb, quen confía en converter Redondela nun referente en toda a comarca nesta modalidade deportiva na que se pode comezar con tan só 6 ou sete anos. O xadrez é a outras das proposta que serve tamén aos cativos para o estudo “xa que esixe de concentración e paciencia, dúas cualidades imprescindibles na vida para obter un bo resultado ante calquera situación”. Ademais da posibilidade de practicar estas disciplinas durante o ano, o Centro Recreativo ofrece nestas datas de Nadal un campamento intensivo no que os participantes gozarán tamén doutras actividades lúdicas.  

Nigel Webb monitor de Ping pong
Defende a práctica do xadrez e do tenis de mesa entre os máis pequenos
Daniel Virulegio Presidente do Centro
Un campamento para conciliar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará