Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns adiantan as compras de peixe e marisco para aforrar nas comidas de Nadal

RR_Noticias

Achéganse as festas e os preparativos para as comidas familiares. Son datas nas que o peixe e o marisco cobran protagonismo nos menús. En Redondela a praza de abastos énchese de clientes que buscan os mellores prezos. Adiantar a compra destes produtos e conxelalos supón un aforro superior ao 50% en moitos casos. Os máis previsores xa mercaron a finais do mes de novembro.

As vendas de peixe e marisco continúan coa súa tradicional escalada de prezos ante a proximidade das festas. Un incremento que este ano se agrava pola inestabilidade no mar e a escaseza dalgúns produtos. Na praza de abastos de Redondela sábeno ben. Marga, unha das peixeiras, advirte que os prezos “seguirán subindo”. Entre os produtos máis demandados está o centolo, que este ano vai moito máis caro ao ser escaso, e tamén o camarón e a cigala. Peixes típicos destas festas como lenguado, merluza, rape ou rodaballo soben tamén de precio. Son produtos “que poden conxelarse perfectamente cun mes de antelación sen perder o seu sabor”, polo que é unha excelente opción para non disparar os gastos como explica Marta, vendedora da praza de Redondela. As vendas anticipadas son cada vez máis habituais. “Os máis previsores xa fixeron as súas compras a finais do pasado mes de novembro”, asegura Rodrigo, que ten o seu posto de venda no mercado redondelán. Un destes veciños previsores é Iván, que xa mercou peixe e marisco para as comidas familiares. Asegúrase así “mellores prezos” organizando o menú con tempo. Tamén son típicos destas datas produtos como a coliflor, as uvas e outras froitas como a piña, que multiplican as súas vendas. Nesta caso os consumidores mercan “no día”, xa que os prezos “mantéñense estables” como sinala Jose, que ten a súa froitería na praza de Redondela. Os mercados son un bo termómetro para constatar a subida nos prezos dos produtos máis demandados. Na última semana moitos mariscos duplicaron o seu valor, e seguirá á alza ata os días previos á festa, chegando a ser “prohibitivo” en moitos casos.

Marga peixeira na praza de Redondela
Os prezos do marisco son máis altos que o ano pasado nas mesmas datas. E seguirán subindo.
Marta vendedora
Peixes e mariscos típicos destas festas "poden conxelarse perfectamente conantelación sen perder o seu sabor".
Rodrigo vendedor
Os clientes máis previsores xa fixeron as súas compras a finais do pasado mes de novembro para aforrar cartos.
Compradores previsores
Un destes veciños previsores é Iván. Xa mercou todo o peixe e marisco para as comidas familiares.
Verduras e froita
Tamén son típicos destas datas a coliflor as uvas e outras froitas como a piña. Nesta caso véndese "no día" xa que os prezos "mantéñense estables" como explica Jose.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará