Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amoedo acusa ao goberno local de buscar escusas para xustificar “a súa falta de xestión”

RR_Noticias

A ampliación da ponte sobre a vía férrea en Saxamonde, o Centro Social de Quintela ou o saneamento de Agrelo son tan só tres dos proxectos que se teñen convertido en motivo de disputa entre o actual bipartito e o PP. A voceira dos populares, Carmen Amoedo, defende que o goberno de Javier Bas deixou estas obras en marcha antes de abandonar a alcaldía e que están paralizadas a consecuencia “da desidia e a incapacidade do grupo de Digna Rivas”. O actual grupo de goberno afirma que se trata de actuacións que presentan diversas irregularidades nas súas contratacións polo que decidiron atrasar o seu inicio “ata estudar minuciosamente os proxectos contratados”.

Centro social de Quintela Dende hai semanas o centro cultural para esta parroquia está en medio da disputa. Explican dende o goberno local que o Colexio Oficial de Arquitectos denunciou a obra por infrinxir a Lei da Edificación e estar asinado por un técnico que carecía de competencias nesta materia. Tamén  que a obra volverá licitarse nas vindeiras semanas. Carmen Amoedo non nega a denuncia pero asegura “que se trata dun informe non vinculante” que en ningún caso impide que se tivera realizado obra” xa que contaba con todos os informes positivos dos técnicos municipais”. Entende que a renuncia da empresa adxudicataria a realizar os traballos responde aos atrasos que sufriu a súa tramitación “xa que o bipartito tardou cinco meses en realizar dous trámites que se fan en 15 días”. Ponte sobre a vía férrea en Casal do Monte Tamén nesta obra que se está a realizar en Saxamonde as versións son diversas. Mentres o goberno local explica que solicitaron ao director de obras e á empresa construtora os correspondentes informes sobre os motivos dos atrasos na ampliación do paso superior de Adif, os populares entenden que, unha vez máis, é a falta de xestión o que está detrás deste atraso. “A obra tiña que estar rematada en novembro, pero para iso o goberno debía estar enriba tanto da empresa que fai a ampliación como de Adif, algo que non se fixo en ningún momento co conseguinte prexuizo tanto para os veciños como para as arcas municipais”. Saneamento en Agrelo En canto ao saneamento en Agrelo explica que foi denegado por Patrimonio “porque non se deu resposta a un problema de fácil solución e que terían resolto presentando un anexo ao proxecto”.    

Carmen Amoedo PP
Defende o traballo realizado polo anterior goberno
Obra en Saxamonde
Responsabiliza ao goberno de Digna Rivas de que a obras estea sen facer
Saneamento en Agrelo
Entende que o problema era de doada solución

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará