Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle ao gran mestre Iturralde

RR_Noticias

A música da Orquestra de Saxos de Redondela deulle a benvida ao músico navarro que amosou a súa felicidade por regresar á Vila dos Viadutos preto de dúas décadas despois da súa última visita. Incombustible, Pedro Iturralde, demostrou que aos seus noventa anos continúa coa mesma enerxía e destreza que hai sete décadas, cando comezaba a súa carreira musical. Este venres teremos a oportunidade de comprobalo riba do escenario, no concerto que vai dar no Multiúsos da Xunqueira, ás 20.00 horas, con entrada de balde.

“Un referente musical, un mestre do jazz, unha vida dedicada á música”, foron algunha das palabras que lle dedicaron ao saxofonista e clarinetista Pedro Iturralde na recepción oficial que se celebrou este xoves no Pazo de Petán. A música da Orquestra de Saxos deulle a benvida ao navarro que amosou a súa ledicia por regresar a Redondela e a Galicia. Un acto no que a alcaldesa Digna Rivas recoñeceu a “honra que supón para o municipio a súa visita o que fixo que fosemos a envexa de toda a provincia”. Tamén recoñecementos da Deputación de Pontevedra e do Conservatorio de Música Víctor Urella, promotor desta iniciativa, que lle facía entrega do libro coas “partichelas” do pasodobre de Reveriano Soutullo e os discos da Orquestra de Saxos. Iturralde agradeceu o recoñecemento coa música do seu saxofón que serviu de preludio do que poderemos escoitar este venres a partir das 20.00 horas. Despois de pasar polos grandes escenarios do jazz de todo o mundo, subirá ao do Auditorio da Xunqueira xunto á Orquesta de Saxos e á Xingros Big-Band.  

Pedro Iturralde
O saxofonista amosaba a súa ledicia por regresar a Redondela
Alcaldesa Digna Rivas
Rivas subliñaba a honra que supón para Redondela poder acoller a un músico da talla de Iturralde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará