Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reabre o tramo do paseo da Portela logo de retirar as árbores mortas

RR_Noticias

A Concellería de medio Ambiente vén de reabrir os 200 metros do paseo da Portela que nos últimos días permaneceron pechados por motivos de seguridade ao existir árbores con risco de caída que levaban varios anos mortas. Foi aberto ao público este xoves logo de que se executara a corta das árbores que poñían en risco a seguridade das persoas e do propio paseo.

Unha vez realizada a corta a principio de semana, este xoves operarios municipais da Concellería de Vías e Obras reparaban o valado que estaba estragado, acometendo tamén o arranxo doutras deficiencias da zona.Unha vez eliminados os riscos procedeuse a apertura do tramo do paseo pechado devolvendo así a normalidade a esta ruta moi utilizada pola veciñanza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará