Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha semana de actividades contra a violencia de xénero

RR_Noticias

A estrea do espectáculo Literarias, este domingo ás 19:30 horas no Multiúsos, será o acto central dun programa no que se inclúen charlas, exposicións e moitas referencias ao conto de Pepe e Pepa, unha historia en torno a unha escaleira na que cada chanzo supón un paso dentro da violencia de xénero, dende o control dentro da paralle, pasando polo insulto ata chegar á agresión física. O acto institucional celebrarase o luns 25, día internacional contra a violencia machista, na praza do Concello ás 11:00 horas.

O programa de actividades organizado este ano co gallo da conmemoración do 25N arrancaba onte cunha charla na que participaron defensoras de dereitos chegadas dende Nicaragua e Colombia. Hoxe aproveitando o día de feira, alumnos e alumnas do instituto Mendiño facían unha representación na Alameda para denunciar o sexismo e a violencia na publicidade e mañá venres o alumnado dos catro institutos do concello presentarán a exposición baseada no conto de Pepe e Pepa. O sábado os actos trasládanse ás prazas de abastos, tanto de Redondela como de Chapela, para visibilizar tamén a violencia con lemas diversos que lucirán os diferentes postos dos mercados. O domingo terá lugar no Multiúsos un dos actos centrais da campaña, o espectáculos recital Literarias a cargo de Isabel Blanco, Mariana Carballal e Silvia Penas. Un espectáculo multidisciplinar con entrada de balde que terá lugar o domingo 24 ás 19:30 horas no Multiúsos. Xa o luns celebrarse o acto institucional no Día contra a violencia machista baixo o lem “non quero subir a túa escaleira”, a lectura dun manifesto e a participación do alumnado dos centros educativos e dos maiores dos centros de días. Unha xornada con moitos sorpresas segundo adiantaba a concellería de igualdade e alcaldesa, Digna Rivas. As últimas actividades serán xa os días 29 e 30. O venres celebrarse a charla “Voces violetas” na Casa da Cultura ás 19:00 horas a cargo da Secretaría xeral de Política Lingüística. O sábado pechará o programa o contacontos “Contos do dereito e do revés” a´s doce do mediodía no Multiúsos.  

Digna Rivas Igualdade
Participación dos institutos
Estrea de literarias
Un espectáculo multidisciplinar
Acto institucional
O luns 25 ás 11:30 na praza do concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará