Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela convoca despois de dous anos a mesa de coordinación intersectorial cos colectivos

RR_Noticias

O propósito deste primeira reunión era dar unha valoración das iniciativas e proxectos realizados durante os últimos anos e poñer en coñecemento do novo goberno (PSOE-AER) as preocupacións dos colectivos así como crear unha canle directa de comunicación entre os  representantes políticos e as asociacións implicadas. Esta convocatoria realizouse para tratar os temas relacionados coa promoción da saúde tanto en mozos como maiores, coa novidade de incorporar as novas iniciativas propostas aplicables a estes colectivos.

A Alcaldesa, Digna Rivas acompañada da Concelleira de Servizos Sociais, Marta Alonso, presidiron a mesa intersectorial, onde participaron representantes dos Centros educativos, de colectivos do ámbito sociosanitario, dos centros de día de maiores e das asociacións de maiores
A xuntanza realizada no Multiusos de Redondela, convocouse coa finalidade de dar a coñecer a adhesión do noso municipio á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, dentro do Convenio de colaboración subscrito entre o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e a Federación Española de Municipio y Provincias.
Dita estratexia ten como finalidade a promoción e a prevención da saúde dentro de todos os sectores (social, educativo, deportivo, veciñal…) da poboación do noso termo municipal.
O Concello considera necesaria a posta en común de todos os axentes involucrados na materia, e a implicación no eido da promoción e prevención da saúde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará