Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP cualifica de “chapuza” as obras realizadas no Alvedosa

RR_Noticias

Critican que a actuación que está a realizar a concellería de Medio Ambiente, para evitar o derrubamento de parte da estrada Ernestina Otero, careza de medidas paliativas ante os riscos de contaminación ambiental e  que poña en perigo a fauna e a flora do río.

Explican dende o PP que “é lóxico que non se poida prever o tempo á hora de executar unha obra a máis dunha semana vista, pero o sucedido no río Maceiras nas últimas semanas só se pode atribuír á falta de previsión” xa que non “parece lóxico nin razoable que se execute unha obra na canle do Alvedosa sen as máis mínimas medidas paliativas ante riscos ambientais que produzan as obras sobre o ecosistema fluvial”.
Como exemplo desta falta de previsión apuntan a existencia de maquinaria pesada dentro do leito “sen o máis mínimo sistema de contención de hidrocarburos e sen tan sequera un pequeno sistema de filtración antiturvidez como o que nun principio había cunhas balas de palla con geotextil que a crecida levouse e non se repuxeron”.
Todos sabemos, engade a popular Carmen Amoedo, o que sucede cando unha máquina está mergullada co motor baixo a auga “os aceites desa máquina e as graxas contaminan o río, por non falar da desfeita que se fixo no leito do mesmo eliminando calquera flora e fauna por ese tránsito brutal da maquinaria polo leito do Alvedosa”.
Apuntan ademais que ante a inminente actuación consistentes en botar formigón nunha zona do muro “pretenden facelo na auga, co que os líquidos do formigón así como o que lave a corrente irán parar ao río”.
Unha actuación que para o PP é unha demostración da falta de sensibilidade deste goberno co medio ambiente “que está a permitir que se executen obras como hai 60 anos sen o máis mínimo coidado cara á natureza”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará