Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o Día da Memoria Trans

RR_Noticias

O Día da Memoria Trans é unha conmemoración anual que ten lugar o 20 de novembro dedicada ás persoas trans e á sensibilización en contra da discriminación caras as persoas trans en todo o mundo. Unha celebración que se promove tamén dende a Concellería de Muller e Igualdade coa realización de diferentes actividades divulgativas que terán lugar este mércores nos catro institutos do Concello.

En colaboración coas asociacións Irisar, Nós mesmas, Pulse e Euforia, na xornada de mañá terán lugar simultaneamente nas aulas dos catro institutos, tanto de Redondela como de Chapela, unhas charlas nas que se explicará ao alumnado a realidade da transexualidade así como as problemáticas concretas as que se enfrontan este colectivos. En cada centro tamén se instalará de xeito permanente un banco decorado polo propio alumnados coas cores dos colectivos trans e que busca dar visibilidade a esta realidade.  

Digna Rivas alcaldesa
Fala da conmemoración do 20 de novembro
Actividades
Charlas nos institutos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará