Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Defensoras de dereitos de Colombia e Nicaragua imparten unha charla en Redondela

RR_Noticias

Unha actividade que forma parte do proxecto “Defensoras de dereitos” impulsado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coas ONGD galegas e que terá lugar este mércores ás 19:00 horas na Casa da Cultura. A charla contará coa intervención das activistas en defensa dos dereitos humanos en Nicaragua e Colombia, Georgina de los Ángeles Molina Rivera e Alicia Valencia Cuetia.

No marco do proxecto “Defensoras de Dereitos” impulsado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD terá lugar un ciclo de charlas e debates xunto a defensoras de dereitos de Colombia, Nicaragua e Galicia. Os encontros levaranse a cabo do 19 ao 22 de novembro en Vilagarcía de Arousa, Redondela, Bueu e Cuntis.
A persecución contra organizacións e persoas defensoras de dereitos humanos aumentou de forma exponencial en todo o mundo. A expansión das actividades extractivas e os agro negocios a gran escala multiplicaron os conflitos territoriais dispararon de forma alarmante os índices de violencia contra as persoas que defenden a auga, a terra e os bosques así coma os dereitos das mulleres e das comunidades indíxenas, afrodescendentes e campesiñas. Para dar a coñecer as causas e consecuencias globais que están a provocar esta situación e visibilizar exemplos de loita e resistencia, “Defensoras de Dereitos” contará coa participación de Alicia Valencia Cuetia(Colombia) e Georgina de los Ángeles Molina Rivera (Nicaragua), dúas defensoras que debido ao seu traballo como activistas ambientas e políticas, víronse obrigadas a marchar dos seus países.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará