Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ofensiva de Medio Ambiente ante o perigo de caída de árbores en diferentes puntos do concello

RR_Noticias

A Concellería mantén pechado actualmente un tramo do paseo da Portela por motivos de seguridade ao existir nesa zona un total de 4 árbores que ameazan con precipitarse ao chan. Están a espera de que mellore o tempo para proceder a retirar eses exemplares que dende hai anos están mortos e que é preciso talar para evitar riscos innecesarios. Con todo, non se trata dunha situación illada. Hoxe mesmo actuaron na zona do Pexegueiro para retirar outras catro árbores e en Cesantes hai un chopo de grandes dimensións que se atopa na mesma precaria situación.

O Concelleiro de medio Ambiente, Roberto Villar, explica que no último mes xa se retiraron ao redor dunha ducia de árbores que corrían risco de virse abaixo. No caso do paseo da portela a situación é mais complexa xa que “hai que traballar en vertical, polo que estamos esperando a que o tempo se estabilice para poder facer a tala con seguridade e evitar que as árbores caian sobre o paseo”. Confía en que no prazo dunha semana se poida realizar a tala dos cinco exemplares mortos, un dos cales xa se retirou polos servizos de emerxencias logo de que tronzase por mor dos últimos temporais. Mentres manterase ese tramo do paseo, ao redor duns 200 metros, pechado de debidamente sinalizado para evitar calquera risco.
O edil informa que na xornada de hoxe tamén se procedeu a retirar outras catro árbores na zona do río Pexegueiro, nas inmediacións das pistas de padel, que se atopaban tamén nunha situación moi precaria e que, nos vindeiros días tamén se talará un chopo de grandes dimensión en Cesantes.
Recentemente actuaban tamén no paseo do Maceiras “en total nas últimas semanas xa se retiraron ao redor dunha ducia de árbores co obxecto de evitar desprendementos” explica Villar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará