Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade celebra a III Gala del Deporte do Concello de Soutomaior

RR_Noticias

O Multiúsos de Arcade acolle este venres ás 20:30 horas a terceira edición dunha gala que  busca homenaxear e recoñecer a labor de deportistas a nivel particular así como de clubs e entidades a favor do deporte local. O acto será presentado por Terío Carrera e o humorista Víctor Grande.

A gala divídese en tres apartados que recoñecen a labor de deportistas destacados nominados polos seus respectivos clubs, tamén se premiará o labor de traballo dos  Ex presidentes do C.D.Arcade e C.D.Soutomaior así como do presidente do Club Naútico Arcade polos seus 30 anos ao fronte desta entidade e un recoñecemento aos equipos que destacaron polos seu resultados na pasada temporada.
Especialmente emotivo é o apartado no que se recoñece a traxectoria de diferentes deportistas considerados xa “lendas do deporte” en Soutomaior.
 Presidirá o acto o alcalde, Agustín Reguera, o xefe de servizo de deportes de Pontevedra, Daniel Benavides e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará