Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A caída dunha árbore na N-550 xunto o antigo viaduto provoca importantes retencións

RR_Noticias

O temporal de vento e choiva que azoutaba o litoral na xornada de onte deixaba pequena incidencia en Redondela, caída de polas, balsas de auga e pequenos asolagamentos. O incidente máis importantes acontecía na N-550, a estrada que comunica Pontevedra e Vigo aos seu paso por Redondela, pouco antes da sala de festas Bolero, onde caída unha árbores na estrada provocando o corte da circulación en sentido Vigo. As retencións prolongáronse durante unha hora ata que  se liberou a calzada sobre as 15:30 horas.

O suceso acontecía sobre as 14:30 o que orixinou importantes retencións tanto na entrada como saída de Redondela por esta vía. Foi un camioneiro que pasaba polo lugar o que se encargou de retirar a árbore da calzada coa súa grúa. Äs 15:30 horas restablecíase con normalidade a circulación logo da retirada de ramas e restos da árbore por parte dos traballadores da Concellería de Vías e obras, Protección Civil e axentes da Policía Local.
Non foi esta a única incidencia da xornada que tamén nos deixaba un sinistro no camiño da Buraca, pouco antes do inicio do horario escolar. Un camiño empregado polos escolares do colexio Igrexa e que foi hoxe protagonista dunha protesta da Anpa para reclamar a súa ampliación e arranxo alertando do perigoso do vial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará