Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entrega de premios e presentación do calendario do Arenas do Obradoiro Fernando Monroy

RR_Noticias

O Obradoiro Fernando Monroy ten unha cita dobre este sábado no Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes. A partir das 18:30 realizará a habitual entrega de premios do concurso de fotografía, un acto que este ano tamén incluirá a presentación do calendario conmemorativo da fundación do Unión Deportiva Arenas de San Simón.

Esta iniciativa ten por obxectivo recordar a un equipo de fútbol histórico da parroquia de Cesantes e polo que pasaron moitos dos veciños ata a súa desaparición. Por este motivo, no documento recóllense instantáneas históricas de diversos equipos da entidade ó longo da súa historia. Será un momento no que persoas de máis de cincuenta anos poderán revivir momentos da súa mocidade. Precisamente, como peche da xornada pasarase un pequeno vídeo coas imaxes usadas neste proxecto.
Por outra banda, no acto farase entrega dos premios os gañadores do concurso de fotografía realizado polo Obradoiro Fernando Monroy. Ademais, tamén quedará inaugurada a exposición con todas as instantáneas presentadas, de xeito que o acto servirá de xuntanza para todos os participantes que desexen comprobar o nivel do concurso e tamén ós afeccionados da fotografía. Precisamente, en 2019, foi unha edición que destacou pola cantidade de fotografías recibida e tamén pola súa calidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará