Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Olga Rodríguez Puga (PSOE): “O avance de Vox impídeme celebrar a vitoria do PSOE”

RR_Noticias

Concorría a estes comicios como número cinco na lista que os socialistas presentaban ao congreso por Pontevedra. Era consciente que as súas posibilidades de saír electa eran practicamente inexistentes polo que non conseguir escano non supón unha decepción.”O obxectivo real era consolidar os tres deputados que logramos en abril e iso está feito”. Malia que entende que o resultado logrado polo seu partido é bo, sobre todo en Redondela onde superan en dez puntos ao PP, engade que “non hai nada que celebrar cando a ultradereita logra 52 escanos e hai case mil veciños no noso concello que os votaron”.

Rodríguez Puga valora positivamente o resultado acadado polo PSOE tanto a nivel estatal “onde volvemos a ser a forza máis votada malia retroceder tres deputados” como en Redondela. Sobre a caída no número de votantes no noso concello con 671 papeletas menos, interpreta que boa parte desas papeletas responden a votantes tradicionalmente do BNG que no pasado mes de abril optaron polo voto útil ao PSOE e que agora volveron dar o apoio aos nacionalistas. Así e todo entende que é un bo resultado “o PSOE con 5.887 votos segue a ser a primeira forza en Redondela co 35% dos votos, dez puntos máis que o PP”. Para Olga Rodríguez o peor destes resultados  “non é o retroceso do PSOE senon o auxe de Vox” algo que responde ao seu entender “a que outros partidos -nomeadamente o PP- déronlle cancha a un partido de ultradereita na vez de poñer un cordón sanitario como si fai a dereita europea”. Fala dos 990 votos acadados por Vox en Redondela que cualifica de “terrible”.  

Olga Rodríguez Puga PSOE
Resultados positivos sobre todo en Redondela
Avance da ultradereita
Unha sitaución que entende é terrible e froito da cancha que o PP lle deu ao partido de Abascal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará