Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Raquel Queizás inicia o ciclo “Falar por Falar” que organiza a biblioteca de Pazos de Borbén

RR_Noticias

A Biblioteca Municipal do Concello de Pazos de Borbén inicia hoxe a cuarta edición do seu ciclo de Tradición Oral “Falar por falar”. Unha iniciativa que busca pór en valor as representacións artísticas desenvolvidas en lingua galega. A actriz Raquel Queizás será a encargada das primeiras actuacións destinadas cunha actuación ás 13:00 horas co espectáculo “Caso pechado” e unha segunda actuación ás 20:00 horas con “Palabras na boca”. Os vindeiros venres actuarán Cris de Caldas (15 de novembro), Lorena Pinheiro (22) e pecha o mes a actriz Ángeles Goás.

A primeira das actuacións do ciclo será este mesmo  venres ás 13:00 horas no salón de actos da Casa do Concello e contará cos alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI Curros Enríquez e varios usuarios da asociación ASPAVI como público. A obra “Caso Pechado”, está dirixida ao público xuvenil e reúne unha serie relatos de misterio, lendas urbanas e historias de terror personalizadas na vida dunha detective á que só falta un caso por pechar.
Pola tarde será a quenda para o público adulto. A partir das 20:00 horas, tamén no Concello, Raquel Queizás interpretará o seu espectáculo “Palabras na boca”. Unha obra na que pon en valor a nosa nenez a través dunha recompilación das palabras máis entrañables das nosas nais e avoas.
Un ciclo con actuacións todos os venres deste mes e que nesta ocasión achega a Pazos de Borbén as voces de catro mulleres, xa que logo de Queizás, pasarán polo  auditorio do Concello, Cris de Caldas, Lorena Pinheiro e Ángeles Goas, todas elas con dúas propostas diversas a unha do mediodía para un público máis novo e as 20:00 horas para o público adulto. Unha actividade completamente de balde para todo aquel que queira achegarse.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará