Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A educación afectivo sexual chega aos centros escolares de Soutomaior co programa ImoloGhozar

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior iniciou o  seu novo programa de educación afectivo-sexual. Unha iniciativa titulada ÍmoloGhozar coa que desde a Concellería de Igualdade se quere fomentar unha correcta educación sexual nos centros de ensino do municipio. O proxecto está dirixido a todo o alumnado desde 4º de primaria a 1º de bacharelato e terá unha duración dun mes.

O principal obxectivo é o inculcar aos máis novos valores de respecto, igualdade e diversidade dentro das súas relacións afectivas e sexuais. Para iso, até o 22 de novembro, os mozos e mozas realizarán diversas actividades nas que practicarán con roles de xénero, detección de condutas de abuso e agresión sexual. Ademais, abordarán conceptos como a sexualidade ao longo do ciclo vital dunha persoa, a igualdade e a equidade, os diversos mitos e crenzas sobre o sexo.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou a necesidade desta clase de iniciativas formativas para os mozos que “axudan a abordar desde a educación a solución para un dos grandes problemas da nosa sociedade, o machismo”.
En total, o programa realizará case 60 horas de actividades no tres centros que participan nel. O IES Soutomaior, o CEIP PadínTruiteiro e a CPR Santiago Apóstolo. Todas as sesións están guiadas por psicólogos especializados apoiados polos titores dos alumnos para facilitar o contacto cos mozos e potenciar a experiencia.
Ao finalizar, os alumnos realizarán a súa propia guía Ímologhozar, na que recollerán todas as súas reflexións, experiencias e achegas para apoiar e mellorar o desenvolvemento de posteriores edicións do programa. Unha vez realizada, a guía porase a disposición da comunidade educativa para a súa utilización nas actividades habituais dos centros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará