Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía rescata varios cans nunha operación contra o maltrato animal en Reboreda

RR_Noticias

Axentes da policía local de Redondela denunciaron esta semana aos propietarios dun cans por un presunto delito de maltrato animal. Os animais, que foron intervidos, atópanse baixo custodia veterinaria debido ao seu estado lamentable, xa que estaban famélicos, extremadamente delgados e presentaban feridas de diferentes gravidade. O caso foi trasladado ao xulgado para que tome as medidas pertinentes.

A Concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, confirmou os feitos así como total estado de abandono no que se atopaban os dous animais rescatados que foron trasladados a Caan. Ademais de seren tratados das feridas que presentaban abriuse un expediente por un presunto caso de maltrato ao incumprir os propietarios a normativa de protección e tenencia de animais.
A colaboración veciñal foi a que fixo posible a intervención da policía logo de recibir unha chamada alertando do caso nas dependencias municipais.
Villar lamenta casos como este e apunta que tamén esta semana foi necesario intervir para salvar a un can abandonado que estaba afogando nun lavadoiro de Cedeira e que, recentemente algún desaprensivo abandonou en dúas caixas precintadas nas inmediacións de Aldeas Infantiles dúas gatas coas súas respectivas camadas, algúns dos cales debido ao seu mal estado non lograron sobrevivir.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará