Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica a “falta de transparencia” do goberno local

RR_Noticias

O portal de transparencia leva sen actualizarse dende o 29 de maio polo que o goberno estaría incumprindo a lei de transparencia. Explican dende o PP que datos tan importantes como “salarios e rendas da actual corporación seguen sen aparecer no portal de transparencia o que suporá que na seguinte revisión de Dyntra o concello de Redondela será relegado ás últimas posicións logo de que o goberno popular lograra situalo como municipio mais transparente de Galicia e sétimo de España.

Explica Carmen Amoedo que a labor do PP converteu ao noso concello nun referente mais alá da nosa contorna pero “a desidia e opacidade de Digna Rivas e o seu equipo” botou por terra esta labor. Engade que o máis grave é que esta situación supón que o concello está a incumprir a Lei de Transparencia ao non actualizar datos importantes como o período medio de pago aos provedores, dato que debería actualizarse trimestralmente.
Aputan tamén que outro indicador que “revela a falta de seriedade da nova corporación en materia de transparencia” é que o último contrato municipal publicado no portal de transparencia é do mes de marzo.
Aínda mais grave resulta ao seu entender que a xestión do portal de transparencia pasase de máns dunha empregada municipal a ser directamente xestionada por unha Concelleira de Aer, incumprindo o pacto de Goberno asinado por PSOE e AER.
Dende o grupo municipal do Partido Popular lamentan este retroceso nunha área tan importante como a transparencia e conclúe afirmando a edil que “resulta canto menos sorprendente que aqueles que na oposición se autoproclamaban campións da transparencia, agora que teñen a obriga de xestionar esta área, se amosen tan neglixentes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará