Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Zona Franca valora abrir un Centro de Emprendemento e Innovación Social en Redondela

RR_Noticias

Nun encontro mantido entre a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o delegado de Zona Franca, David Regades, analizáronse as posibles vías de colaboración para poñer en marcha accións que favorezan o desenvolvemento económico da comarca. Entre outros temas estudaron diferentes localizacións onde poder abrir un Centro de Emprendemento e Innnovación Social, un espazo no que emprendedoras e emprendedores atopen apoio administrativo e de xestión e poidan resolver as dúbidas iniciais cando se embarcan na posta en marcha dun negocio.

A Alcaldesa quixo agradecer ao delegado de Zona Franca a súa visita ao Concello, primeira oficial desde que esta tomou posesión do seu cargo. “A Zona Franca é unha ferramenta para o desenvolvemento económico de Vigo e a súa área de influencia, por iso, grazas ao compromiso que hoxe nos manifestou David Regades, tamén poñerá os seus recursos e coñecementos ao servizo de Redondela” manifestou Rivas.
Concretamente, os dous responsables aproveitaron este encontro para tratar temas de desenvolvemento económico e a favor do emprendemento. Neste sentido, Rivas e Regades estudaron diferentes localizacións onde poder abrir un Centro de Emprendemento e Innnovación Social. Un espazo para o intercambio de ideas, onde as emprendedoras e emprendedores atopen apoio administrativo e de xestión e onde poidan resolver as dúbidas iniciais cando un embárcase na posta en marcha dun negocio.
Regades, pola súa banda, afirmou que “a Zona Franca non pode estar de costas a Redondela xa que este Concello forma parte do Gran Vigo polo que debemos de poñer todos os recursos que podamos para que a economía deste Concello siga crecendo”.
Na reunión ambos dirixentes tamén aproveitaron para analizar as diferentes ferramentas das que dispón a Zona Franca, como poden ser as aceleradoras de empresas ViaGalicia e VíaExterior, a sociedade de capital-risco Vigo Activo ou o servizo de información económica ARDÁN.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará