Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle a mostra “Luces de alén mar” unha homenaxe ao legado da emigración galega

RR_Noticias

A exposición, promovida polo Consello da Cultura Galega, consta de case 40 paneis, e rescata o legado “material e inmaterial da emigración galega. A mostra céntrase na contribución ao ensino de parte das sociedades e colectivos de emigrantes galegos que xurdiron en diferentes países do continente americano.

O vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Manoel Núñez Seixas, e a alcaldesa Digna Rivas, foron os encargados de inaugurar a mostra xunto co concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa. Foron máis de 540 as sociedades e colectivos de emigrantes galegos que xurdiron en múltiples países de América, e que se puxeron como obxectivo mellorar a educación do seu lugar de orixe. Núñez Seixas sinala que foron máis de 350 escolas as que se abriron en Galicia grazas á emigración, ademais doutras obras públicas como centros cívicos, fontes, ou lavadoiros. O historiador explica tamén que “máis aló do legado material, deixaron tamén outro inmaterial, o das ideas, as luces”. Nun período que abarca desde 1904 até o inicio da Guerra Civil, as accións levadas a cabo por estes movementos lograron mellorar a elevada taxa de analfabetismo que sufría a comunidade galega. Por iso a alcaldesa, Digna Rivas, convidou a todos os veciños a visitar esta mostra, xa que “todas as familias do municipo contan con algún ou varios membros que viviron a emigración”. Para a rexedora é moi importante “non esquecer o pasado, de onde vimos”, e tamén lembrou a figura de emigrantes redondeláns como José Figueroa, Benigno Fernández González ou Manuel Otero, que contribuiron coa súa fortuna a mellorar a calidade de vida dos veciños de Redondela. Nun momento no que a política migratoria e a crise dos refuxiados está no centro de debate en Europa, mostras como “Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia” está máis de actualidade que nunca. Núñez Seixas advirte que, malia os populismos, “mentres existan desigualdades vai existir a emigración, e non poden poñerse cancelas ao campo”. A mostra estará aberta ata o 31 de outubro no Multiúsos de Redondela.

Xosé Manoel Núñez Seixas vicepresidente do Consello da Cultura Galega
Núñez Seixas sinala que foron máis de 350 escolas as que se abriron en Galicia grazas á emigración.
Digna Rivas alcaldesa de Redondela
A rexedora animou aos veciños a visitar a mostra. Advertiu a importancia de non esquecer o pasado de onde vimos.
A emigración na actualidade
Núñez Seixas advirte que malia os populismos "mentres existan desigualdades vai existir a emigración".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará