Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma e segue

RR_Noticias

O conxunto redondelán segue líder da Terceira División logo dunha importante vitoria nas Pontes. Na Primeira Galicia gañou o Arcade no Grove, e na Segunda perderon Vilar e Cesantes. No balonmán o Chapela de Primeira Nacional impúxose na Cañiza.

Terceira División

As Pontes 2-3 Choco
O conxunto de Gonzalo Fernández “Gonza” mantén o liderado logo de sumar una nova vitoria no campo de As Pontes. Os goles de Adrián, Félix e Yerai permíntelle ao equipo de Redondela sumar tres puntos máis. O próximo domingo recibirá en Santa Mariña ao Silva, que é 8º logo do empatar esta pasada xornada co Pontellas.
As Pontes: Paco; Alberto (David Pájaro, min. 80), Sánchez (Marcos Caridad, min. 55), Óscar, Álex Cabarcos; Gonzalo; Carlos, Dani Fernández, Quique (Fidi, min. 55), Rubén Pardo; e Cambón.Choco: Cortegoso; Mario (Martín, min. 81), Vitra, Yago, Diego Abal; Alberto Suárez, Caloi (Tomás Abelleira, min. 72); Yerai, Félix, Monchito (Sergio Santos, min. 62); e Adrián Rodríguez.Goles: 0-1, min. 39: Adrián Rodríguez; 0-2, min. 54: Félix, de penalti; 1-2, min. 61: Carlos; 1-3, min. 68: Yerai Couñago; 2-3, min. 85: Carlos.
Primeira Galega

Unión Grove 3-5 Arcade
O equipo de Soutomaior trouxo do Grove os tres puntos dun partido no que foi moi superior aos locais, e acada a 4ª praza do grupo. O domingo ás 16.30 horas recibirán no Salgueirón ao Alertanavia, que é 5º, co que están empatados a puntos.
Segunda Galega

Cesantes 1-3 A Lama
O Cesantes non foi quen de seguir o ritmo ao conxunto visitante, que demostrou ser superior no terreo de xogo, o que deixa ao equipo redondelán en postos de descenso. O próximo domingo visitan o campo municipal da Rapeira, onde se medirán ao Portas, pechacancelas do grupo.
Chaín1- 0 Villar
O Vilar perdeu pola mínima no campo da Gándara, e ponse 11º do grupo. Na próxima xornada recibe ao U.D. Mos, que é 8º, con dous puntos máis que os de Vilar.
Terceira Galicia

Indenpendente 0-4 Chapela
O Chapela segue na parte alta da táboa, como 2º, logo de golear ao Independente. O domingo ás 12.00 recibe no campo de Parada ao Balaídos, que é 4º, pero cos mesmos puntos que os redondeláns.
Nespereira 1-3 Oiense
Nova derrota do Nespereira en Chan do Areeiro, o conxunto localue aínda non foi quen de sumar esta temporada. Na próxima xornada visitará o campo da Bouza para medirse ao Coia, equipo forte que actualmente ocupa o 3º posto do grupo, en promoción de ascenso.
Fútbol Sala Terceira División

Pazos de Borbén 3-6 Ganomagoga Vigo IES Coruxo
Os de Fran Amoedo perderon ante o conxunto vigués. Malia facer un bo partido, o Pazos sucumbiu ante un dos claros candidatos ao ascenso. Tentarán sumar os primeiros puntos da temporada o próximo sábado, na visita ao Valdesuso Peugeot Vilalba, actual líder do grupo logo de tan só dúas xornadas disputadas.
Fútbol Sala Preferente Sur

Redondela Maramar 3-2 Lume Corbatas
Importante vitoria do Redondela, que escala ata a 4ª posición logo de se impoñer na casa a un dos aspirantes ao ascenso. O próximo sábado xoga no pavillón Óscar Pereiro ante o Celado Concello de Mos, 3º clasificado e co que está empatado a puntos.
Cesures 6-5 Campito
Derrota do Campito na pista do Cesures nun partido moi disputado. O domingo recibirán no
pavillón Manuel González Soto ao U.D. Coles, equipo situado un posto por baixo dos de Chapela e que aínda non sumou ningún punto.
Balonmán División de Honra Prata Feminina

Porriño 24-23 SAR Rodavigo
Dura derrota das de Chini no pavillón do Porriño, por tan só un gol de diferencia, nun encontro na que a SAR lle puxo as cousas moi difíciles a un dos grandes equipos da competición, e que actualmente lidera a clasificación xunto co Zonzamas.
Primeira Nacional

Cañiza 26-31 Rodosa Chapela
Nova vitoria dos de Fran Teixeira, que colocan no 4º posto da táboa logo de sumar no difícil pavillón da Cañiza. O sábado reciben ao Seis do Nadal, que aínda non sumou nas dúas primeiras xornadas de liga, malia que os de Coia contan cun equipo forte esta temporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará