Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova concentración contra a apertura dunha casa de apostas en Redondela

RR_Noticias

A Coordinadora contra a casa de apostas mantén un calendario de mobilizacións que se van desenvolver todos os luns de setembro e outubro ás 18:00 horas diante do local no que se pretende abrir este negocio, na rúa Ernestina Otero nº 47. Dende o colectivo esixen ao goberno local que faga “un posicionamento público e rotundo contra a instalación desta casa de apostas en Redondela”.

Malia ter recibido diferentes explicacións por parte da alcaldesa “quen aclarou como está a día de hoxe a tramitación do expediente deste negocio e culpou por igual a Xunta e o anterior goberno da situación actual” lembrando que os promotores da casa de apostas realizaron todos os trámites previos durante o mandato de Javier Bas, entenden que estas declaracións son insuficientes. Por este motivo reclaman que dende “o Goberno Local se faga un posicionamento público e rotundo contra a instalación desta casa de apostas en Redondela”.
Por último animan a veciñanza a participar na concentración de hoxe entre as 18 ata as 19 horas,  e amosar así a súa desconformidade coa instalación deste tipo de negocios no noso concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará