Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase á campaña #EmerxenciaFeminista

RR_Noticias

Unha campaña que promoven diferentes asociacións e colectivos de mulleres, de cara a facer efectivo o seu apoio na loita contra a violencia machista, un apoio, sinala a alcaldesa Digna Rivas, “hoxe máis necesario que nunca”. Na súa calidade de concelleira de Igualdade levará unha moción ao vindeiro Pleno da Corporación de cara a que este apoio teña carácter institucional.

Rivas subliñou que “na loita contra os asasinatos machistas, non debe haber fisuras de ningún tipo e aqueles que non recoñecen que a violencia de xénero, que a violencia machista existe e é unha realidade, non poden ter un espazo de poder”.
De cara a facer efectivo ese apoio, a alcaldesa na súa labor de concelleira de Igualdade do Concello de Redondela, levará ao vindeiro Pleno da Corporación unha moción “para que este rexeitamento, este “pechar filas” contra a violencia machista, teña carácter institucional e diga, ben as claras, a postura unánime da Corporación redondelá”. Do mesmo xeito, a fachada da Casa Consistorial tinguirase de Violeta que “vén de deixar de ser un color  -afirma Digna Rivas- para converterse non símbolo da resistencia contra o que son auténticos actos terroristas contra as mulleres”.
Cada día engádense novas asociacións e colectivos á campaña #EmerxenciaFeminista porque, apunta Digna Rivas “trátase en realidade dunha emerxencia. As mulleres son asasinadas e a sociedade non pode permanecer impasible e allea a este horror”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará