Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O teatro cobra peso na programación cultural

RR_Noticias

Un total de trece espectáculos e dez compañías de teatro pasarán polo escenario do Multiúsos da Xunqueira dende o 12 de outubro ata o mes de abril. Unhas representacións enmarcadas dentro dos ciclos que organiza a Concellería de Cultura orientados tanto a público adulto como a público infantil e que teñen como obxectivo primordial recuperar a asistencia de espectadores a unhas funcións que foron perdendo seguidores nos últimos anos.

O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa e a alcaldesa Digna Rivas presentaban hoxe a programación cultural de outono que arranca o sábado 28 cun concerto de música folk a cargo do grupo Carapaus ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde. Unha actuación que supón o arranque dunha intensa programación cultural que inclúe máis de 30 espectáculos de música, monólogos, contacontos e propostas multidisciplinares, sendo as funcións de teatro as que cobran máis peso grazas aos dous festivais que se programan para as vindeiras semanas. O primeiro ciclo en arrancar será o destinado a público adulto cunha primeira función o 12 de outubro a cargo de Contraproduccións e a obra “Fillos do sol”. Ibuprofeno, A panadería e Redrum teatro completarán esta oferta que se prolongará ata o 25 de xaneiro. A rapazada terá tamén a súa oferta teatral propia co II ciclo de teatro infantil que se desenvolverá os domingos ás seis da tarde no auditorio da Xunqueira con entrada a 3 euros. Dende a Concellería de Cultura destacan ademais a aposta por grupos e solistas locais “que non tiveron oportunidade de actuar en Redondela nos últimos tempos” con concertos a cargo de Tatán, Alberto Vilas ou os grupos Tanto nos tén e Arxe. Mantense o ciclo de monólogos Humor na súa tinta que contará coa presenza de Luis Zahera (3 novembro), Cándido Pazó (1 decembro), Miguel lago (19 xaneiro) o El Sevilla. A alcaldesa Digna Rivas, amosou a súa satisfacción por unha programación que busca satisfacer os intereses de todos os públicos e que ten “unha presenza destacada de mulleres”. Neste sentido destacou a estrea do recital Literarias a cargo de Isabel Blanco, Mariana Carballal e Silvia Penas o 24 de novembro en Redondela.  

Daniel Boullosa edil de Cultura
Fálanos do ciclo de teatro de adultos
II ciclo teatro infantil
Unha aposta polos máis pequenos explicaba Digna Rivas
Digna Rivas Alcaldesa
Salientaba a presenza de mulleres na programación
Novidades
Boullosa falaba do ciclo de monólogos e da aposta polos artists locais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará