Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deporte e historia únense no Día do Remo

RR_Noticias

O Día do Remo de Chapela celebra este sábado, día 21, a súa quinta edición cun Tributo á Batalla de Rande. Haberá actividades ao longo de todo o día cunha travesía popular a remo multidisciplinar, con presenza internacional, unha regata de traíñas de veteranos, degustacións gastronómicas e actividades para o público infantil.

Ata o xoves está aberta a isncrición para participar “na primeira travesia popular a remo multidisciplinar do mundo”. Javier García, un dos organizadores do Día do Remo, explica que pode participar “calquera embarcacion impulsada a remo”. O percorrido, desde a praia de Arealonga ata a Ponte de Rande, é apto para todos os públicos. Os organizadores animan non só a deportistas do mundo do remo, senón tamén a familias e grupos de amigos a participar nesta travesía. O prezo de inscrición á travesía ten un custo de 10 euros, que inclúe o dorsal e unha paella de marisco que se dará a todos os participantes tras finalizar o percorrido nunha carpa instalada pola organización. Os que non dispoñan de embarcación teñen a opción de alugar un kaiak que a empresa Terra e Mar pon a disposición daqueles participantes que o desexen a un prezo de 10 euros o kaiak individual e 15 o dobre, que poden reservar no teléfono 615242107. Tributo á Batalla de Rande A travesía naceu para render homenaxe aos mais de 2.800 soldados que pereceron na batalla naval, coñecida polos vencedores como “A Batalla da Baía de Vigo”. Nesta edición haberá un tributo especial a ese fito histórico. Os asistentes poderán ver gravados da época sobre a batalla, e tamén a histórica placa da rúa “Vigo Street”, que adquiriron a un anticuario londinense. Trátase do primeiro letreiro en porcelana que a partir de 1880 luciu nesta rúa de Londres. Os organizadores contan coa colaboración da Armada, que participará co buque “Tabarca” e a presenza dos alcaldes dos Concellos da ría. No Meirande terá lugar unha representación teatralizada que axudará a todos os presentes a lembrar a batalla de Rande. Unha vez finalizada esta representación, terá lugar un dos momentos máis emotivos coa salva que será lanzada desde os canóns do buque da Armada e a ofrenda floral en memoria dos falecidos na batalla. A homenaxe terminará en Arealonga, onde haberá unha comida fronte ás instalacións do Club de Remo. Haberá degustacións de tenreira galega, e tamén actividades para o público infantil con inchables e xogos a cargo de monitores especializados.

Javier García da organización do Día do Remo
Animan non só a deportistas do mundo do remo senón tamén a familias e grupos de amigos a participar nesta travesía.
Tributo á Batalla de Rande
A travesía naceu para render homenaxe aos mais de 2.800 soldados que pereceron na batalla naval coñecida polos vencedores como "A Batalla da Baía de Vigo".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará