Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela clama “basta xa” contra a violencia machista

RR_Noticias

Ducias de veciños sumáronse este mediodía á concentración convocada polo Concello de Redondela en repulsa ao triple crimen machista de Valga. A alcaldesa, Digna Rivas, advertiu que as institucións teñen que “tomar medidas para protexer ás mulleres e que casos coma este non volvan suceder”.

Ducias de veciños sumáronse ás 12.00 do mediodía á concentración convocada pola concellería de Igualdade na Praza do Concello. A alcaldesa, Digna Rivas, estivo acompañada por membros da corporación local para gardar un minuto de silencio en repulsa ao triple crime machista. Rivas fixo antes unha breve intervención para sinalar que o Concello e a sociedade redondelá “se suma á dor” dos veciños e familiares das tres vítimas, e que sente “a rabia e a inxustiza” polo asasinato de Sandra, Alba e Elena. Afirmou que hai que dar un paso máis e que as diferentes administracións deben sentar a falar “e tomar medidas para protexer a todas as mulleres porque casos coma este non pode volver suceder”. “Basta xa de mulleres asasinadas”, clamou a alcaldesa, que insistiu en que esta lacra machista “ten que rematar”.

Digna Rivas alcaldesa
"Basta xa de mulleres asasinadas" clamou a alcaldesa que insistiu en que esta lacra machista "ten que rematar"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará