Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo colexio Igrexa supera con nota o inicio do curso

RR_Noticias

Así llo trasladaron á concelleira de ensino, Olga García, tanto os rapaces e rapazas que visitaban as instalacións por primeira vez o pasado mércores como a directora do Colexio, Patricia Román. “A luz, a amplitude das aulas, a pista deportiva, a existencia de dous patios diferenciados para infantil e primaria, os rapaces estaban entusiasmados co seu novo centro” explicaba e edil quen confía en que esta mesma tarde rematen os arranxos pendentes unha vez que as obras tiveran que prolongarse estes días en horario de tarde para non entorpecer o desenvolvemento das clases.

Recoñece Olga García que as xornadas previas ao mércores foron moi intensas porque os traballos sufriron algúns atrasos e no inicio de semana aínda había cousas pendentes que facían temer que o curso non puidera arrancar o día 11. Finalmente si foi posible esa apertura de portas que se realizou sen ningún tipo de incidencia máis aló do descoñecemento amosado por algúns pais e nais sobre como acceder ao centro. Precisamente os accesos son un dos aspectos pendentes aínda que o transporte escolar -dous microbuses e un autobús- están a trasladar aos cativos sen problemas. Resta agora por parte do concello acondicionar as beirarrúas así como a Subida a Buraca, obras cuxa licitación está previsto tramitar en outubro. Un inicio de curso que se desenvolveu sen incidencias no resto dos centros do concello, máis aló dalgún problema puntual debido a elevada concentración de turismos e autubuses nas horas de saída e entrada dos rapaces. Neste sentido, explica a edil que xa están a traballar nun proxecto para facer “camiños seguros” que faciliten que os nenos de acheguen aos colexio a pé e se reduzan así os desprazamentos en vehículo privado.  

Olga García concelleira de ensino
A edil confirma a satisfacción entre alumnado e profesores nun centro que abría as úas portas contrarrreloxo
Accesos pendentes
As obras serán licitadas en outubro
Camiños seguros
Traballa nun proxecto de cara a fomentar que os escolares vaia a pé aos centros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará