Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Julio Alonso entra a formar parte da dirección da Escola de música de Chapela

RR_Noticias

O que fora concelleiro de Cultura, Julio Alonso pasará a exercer a xefatura de estudo na dirección da Escola de Música de Chapela. Salientan dende este centro musical a súa “ampla experiencia profesional no eido educativo sendo actualmente profesor do departamento de musicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Vigo” así como a súa vinculación a este proxecto que apoiou dende os seus inicios.

Alonso é unha das persoas que apoiou o proxecto que a Escola de Música de Chapela presentou hai 9 anos a Javier Bas, ao pouco tempo de ser nomeado Alcalde de Redondela. Proxecto que se puxo en marcha 2 anos despois, cunhas novas instalacións, a incorporación de novo profesorado e o aumento considerable do alumnado ata chegar a multiplicarse por 5.
Todas estas iniciativas foron seguidas de cerca por Julio Alonso desde os seus inicios, ofrecendo o seu asesoramento sempre de forma altruísta e sen compensación económica.
A partires do próximo curso esta colaboración será aínda máis intensa, achegando a súa ampla experiencia profesional no eido educativo, pois ten exercido como docente en practicamente todos os niveis do seu sistema: Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Escolas de Música, Conservatorios e Universidade. Na actualidade, é profesor do departamento de Musicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Esta actividade a compatibiliza coa docencia no ámbito universitario, como profesor do departamento de Didácticas especiais da Universidade de Vigo.
Desde a Escola de Música de Chapela agradecen a Julio Alonso ter aceptado pasar a formar parte da dirección do centro de forma desinteresada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará